martes, 11 de diciembre de 2018

O noso Universo

En 5º fixemos o noso traballo de investigación sobre o Universo e o Sistema Solar.

Por grupos tiñamos que investigar sobre unhas preguntas que nos deu a profe, coa información atopada elaborar un lapbok para despois expoñerlle aos nosos compañeiros/-as en clase!

Este foi o resultado

O Universo
Sistema Solar


Estrelas


martes, 4 de diciembre de 2018

viernes, 30 de noviembre de 2018

QUE INCLUIR NUN TRABALLO SOBRE A LECTURA DUN LIBRO?

ESTE É UN POSIBLE ÍNDICE DO QUE DEBE CONTER O VOSO TRABALLO DE LECTURA:


  1.    Portada (título do libro cun debuxo e autor do traballo)
  2.    Ficha de lectura (título, autor, argumento, editorial, ano de publicación…)
3.    Personaxes (principal e secundarios)/Narrador/Historia…
4.    Resume capítulos do libro    
5.  Valoración 
6. Outros (ex. ilustracións...)

miércoles, 28 de noviembre de 2018

O MAGOSTO NO NOSO COLE!

O pasado martes 13 de novembro, no cole estivemos de festa: CELEBRAMOS O MAGOSTO!!

O día comezou coa xa tradicional carreira do San Martiño, na que participou todo o cole! Na nosa categoría resultou gañador masculino: Ismael, e no segundo posto Carlos e na feminina, Lucía e Emma, co segundo e terceiro posto respectivamente.

Despois desta competición necesitabamos repoñer enerxías: comemos xuntos no patio, bolos preñados, empañada, bica, e por suposto; castañas!

Coa barrigola chea, era o momento de xogar: este ano por clases xogamos ao limbo.

E para acabar coa celabración: saltar a fogueira!

PASÁMOLO TODOS/-AS XENIAL!

Para o ano máis...

Para ver máis fotos deste día, clicade aquí








miércoles, 21 de noviembre de 2018

Visita ao castro de Cameixa

O pasado venres 16 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, fomos de andaina ata o Castro de Cameixa, un dos máis importantes da provincia.
Alí vimos como avanzaban as obras de excavación, e os arqueólogos explicáronnos a importancia do castro, porque excavaran nesa zona, un pouquiño sobre a vida castrexa e ensináronnos todas as pezas atopadas ata este momento.

Foi unha experencia moi interesante!  
Esperamos repetir para o vindeiro ano, cando continúe a excavación!
Máis fotos deste día, clicando aquí!

martes, 20 de noviembre de 2018

REPASAMOS ACENTUACIÓN


Chegou o momento de practicar a acentuación de palabras!!


PRACTICAMOS...

viernes, 9 de noviembre de 2018

TRABALLO SOCIAIS

 O próximo luns 12 de novembro temos que entregar o noso primeiro traballo en equipo! Estivemos varios días buscando a información sobre as preguntas a responder, e agora hai que plasmar iso nunha cartolina (tipo lapbook)

Tendes aquí as preguntas de todos os equipos, uns exemplos de lapbooks para inspirarvos e o que se terá en conta para valorarar o traballo!

PREGUNTAS

TERASE EN CONTA

EXEMPLOS DE LAPBOOK

jueves, 1 de noviembre de 2018

IMOS AO TEATRO A OURENSE!!

Hoxe, 31 de outubro fomos ao teatro a Ourense para ver a obra "De los cuentos a las cuentas

A obra gustounos moito e pasámolo moi ben!

Clicando aquí algunhas fotos máis do día

miércoles, 26 de septiembre de 2018

ASÍ SOMOS NÓS...

Algunha foto máis...

Comezamos un novo curso!! E temos moito que dicir... pero en positivo!

Cada un de nós temos un montón de cualidades boas: guap@s, intelixentes, amables, simpátic@s... Son só algúns dos adxectivos que nos definen aos de 5º!!

lunes, 17 de septiembre de 2018

UN POUQUIÑO DE TODO!!




A DIVIDIR!!

PRACTICAMOS!!

REPASO CORPO HUMANO

OS SENTIDOS E O SISTEMA NERVIOSO 
  • ESQUEMA : A FUNCION DE RELACIÓN

  • OS ORGANOS DOS SENTIDOS


REPASO FUNCIÓN DE RELACIÓN

  • O sistema nervioso 
 NEURONAS 
SISTEMA NERVIOSO
OS MOVIMIENTOS

  • Saúde do sistema nervioso
O aparato locomotor

ESQUEMA APARATO LOCOMOTOR:


  • El esqueleto . Repaso 1
  • Los músculos y el aparato locomotor . Repaso: 2 ,3 , 4 
  • La salud del aparato locomotor  1, Esquema 1

A reproducción
  • Los caracteres sexuales y el aparato reproductor
             Esquema :






  • Las células sexuales y la fecundación
  • Repaso: 1 2 3 4 5 
  • El embarazo, el parto y la lactancia
  • Repaso: 6 7
  • La reproducción y la salud
TEMA 4 LA ORGANIZACION DE LOS SERES VIVOS

REPASO LA ORGANIZACION DEL CUERPO

REPASO ORGANIZACION DE LOS SERES VIVOS

REPASO LAS CELULAS

TEMA 5 LA CLASIFICACION DE LOS SERES VIVOS.
  • Los cinco reinos.
    • Esquema:











  • El reino de los animales.
    • Esquema: 
    • Repaso 1
  • El reino de las plantas.
    • Esquema: 1
    • Repaso 1
    Los seres vivos

    • LA CLASIFICACIÓN DE LOS SERES VIVOS 1
    TEMA 6 LOS HONGOS Y OTROS REINOS

    ESQUEMA:

    VIDEO: 1

    Los reinos Monera, Protista y Hongos:





    EL REINO DE LOS HONGOS:
    Esquema:
    Repaso:
    VIDEO I  II

    EL REINO DE LOS PROTOCTISTAS
    Esquema:
    Repaso:
    VIDEO I

    EL REINO DE LAS BACTERIAS
    Esquema:
    Repaso:
    VIDEO I

    SUMANDO E RESTANDO

    Imagen relacionada
    PRACTICAMOS!!

    A MULTIPLICAR!!

    MULTIPLICAMOS??

    Usamos o dicionario!!

    DICIONARIO




    APARATO LOCOMOTOR


    Aí vos van uns cantos xogos para practicar!!!


    https://www.thatquiz.org/es-k-z5/ciencia/anatomia/

    http://www.dibujosparapintar.com/juegos_ed_naturales.html

    http://www.eltanquematematico.es/CM6/cuerpo/evalesqueleto.html










    jueves, 13 de septiembre de 2018

    miércoles, 20 de junio de 2018

    VIAXE CON NÓS!!

    Está chegando o final de curso! E unha das cousas que o caracterizan o fin de curso é o festival!

    En 5º B fixemos un repaso polas cancións de Eurovisión, déixovos o vídeo final coas fotos de toda a clase, viaxando por Europa!

    VIAXE CON NÓS! Vídeo

    viernes, 15 de junio de 2018

    DEPORTE ESCOLAR EN GULÁNS

    Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivemos unha xornada de  xogos populares en Guláns (Ponteareas) , enmarcadas dentro do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia.

    Alí desfrutamos dunha xornada chea de xogos tradicionais: a chave, a petanca, a corda... todo isto acompañado de moita diversión e un gran ambiente de convivencia cos coles da contorna e nunha paraxe inmellorable, como é a área recreativa da Visoureira en Guláns.

    Para o vindeiro ano, esperamos repetir!

    MÁIS FOTOS DESTA XORNADA...AQUÍ!


    jueves, 14 de junio de 2018

    EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

    Hoxe, 14 de xuño de 2018, o alumnado de 5º de Primaria coas súas titoras, fomos de excursión!!

    Primeiro visitamos o Museo vivente do mel "O Enredo do Abelleiro", alí puxémos os traxes de apicultores para ir visitar un colmenar, logo envasamos mel e ata fixemos unha vela!
    Pasámolo moi ben e aprendemos moito sobre a vida das abellas: desde canto tempo viven, os traballos todos que fan as obreiras, ata a función dos zánganos, da raíña... Estivo xenial!

    Tras isto comemos nunha área recreativa que estaba cerquiña de alí, chamada Ribadiso. 

    E unha vez que xa tiñamos de novo moito enerxía, saímos rumbo Ribadavia: ás termas de Prexigueiro! Alí estivemos un ratiño relaxándonos nas pozas; e de volta para Mondariz!

    Foi un día xenial!! Mirade o resumo del coas seguintes fotos:

    FOTOS EXCURSIÓN FIN DE CURSO

    lunes, 11 de junio de 2018

    PIRAGÜISMO NO RÍO TEA!

    Comezamos semana facendo deporte!

    O club de piragüismo convidounos a probar e desfrutar do piragüismo. Tras unhas breves leccións de como se manexaban os remos, subimos no kaiak e a poñer en práctica as nosas habilidades.

    Pasámolo moi ben! Para o vindeiro curso, se podemos, repetiremos!

    Moitas grazas polo convite!

    MÁIS FOTOS DESTA XORNADA...

    viernes, 4 de mayo de 2018

    jueves, 3 de mayo de 2018

    LES ANIMAUX



    INVESTIGACIÓN: A CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

    Fixemos unha pequena investigación sobre como podemos clasificar os distintos tipos de animais; e seguimos o modelo de animais vertebrados e invertebrados! 

     Este foi o resultado da nosa investigación:
    PRESENTACIÓN



    jueves, 26 de abril de 2018

    ACHEGÁNDONOS Á CIENCIA...

    O xoves 26 de abril tivemos unha xornada de achegamento á ciencia...  Chegou ao cole un museo científico, onde nos explicaron diferentes experimentos relacionados coa electricidade, temperatura...

    MÁIS FOTOS DESTA XORNADA...

    miércoles, 25 de abril de 2018

    TU AIMES...?


    APADRIÑAMENTO LECTOR

    O 23 de abril conmémorase o Día de Libro, con tal motivo no cole, celebráronse os apadriñadrimentos lectores. 

    Os nenos/-as de 5º fómoslle ler aos peques de 3 anos, foi unha experiencia da que desfrutamos moito; esperamos repetila en breve!

    Algunhas fotos deste día:

    MÁIS FOTOS DESTE DÍA...

    lunes, 16 de abril de 2018

    COÑECENDO A XEOGRAFÍA ESPAÑOLA


    En 5º estamos facendo unha viaxe por toda España, sen movernos da aula 😂

    Así que se non sabedes onde ir de vacacións, aquí vai unha explicación do que vos podedes atopar nas distintas Comunidades Autónomas!
    ESTREMADURA


    ANDALUCÍA
    ASTURIAS
    CANARIAS

    CANTABRIA
    CASTELA LEÓN
    CATALUÑA


    ILLAS BALEARES
    CASTELA A MANCHA
    PAÍS VASCO

    ARAGÓN

    MURCIA

    MADRID


    miércoles, 4 de abril de 2018

    SAÚDE & ENFERMIDADE

    En 5º estamos moi preocupados por levar unha vida sa e saudable!

    Por iso durante unhas semanas estivemos revisando consellos para estar sans e evitar posibles enfermidades, tanto infecciosas coma non infecciosas. Este foi o resultado da nosa investigación:

    PRESENTACIÓN

    viernes, 23 de marzo de 2018

    ALMORZANDO CON SAÚDE!

    O venres 23 almorzamos na clase!!

    Durante os días anteriores estivemos estudando a importancia de ter uns hábitos de vida saudable, e un dos aspectos máis importantes é almorzar ben para ter moita enerxía durante a mañá para facer calquera actividade.
    Vimos que un bo almorzo se compón dun lácteo (leite, queixo, iogur...) para aportarnos o calcio necesario; froita, que nos proporciona as vitaminas e hidratos de carbono, aportados por alimentos como torradas, galletas... Para obter a enerxía necesaria para estudar, facer deporte...
    Primeiro fomos de compras, (calculando prezos) e despois, entre todos a preparar almorzo e... a cooomeer!!

    Esta foi a nosa proposta dun almorzo saudable:


    ALMORZO SAUDABLE