viernes, 30 de noviembre de 2018

QUE INCLUIR NUN TRABALLO SOBRE A LECTURA DUN LIBRO?

ESTE É UN POSIBLE ÍNDICE DO QUE DEBE CONTER O VOSO TRABALLO DE LECTURA:


  1.    Portada (título do libro cun debuxo e autor do traballo)
  2.    Ficha de lectura (título, autor, argumento, editorial, ano de publicación…)
3.    Personaxes (principal e secundarios)/Narrador/Historia…
4.    Resume capítulos do libro    
5.  Valoración 
6. Outros (ex. ilustracións...)

miércoles, 28 de noviembre de 2018

O MAGOSTO NO NOSO COLE!

O pasado martes 13 de novembro, no cole estivemos de festa: CELEBRAMOS O MAGOSTO!!

O día comezou coa xa tradicional carreira do San Martiño, na que participou todo o cole! Na nosa categoría resultou gañador masculino: Ismael, e no segundo posto Carlos e na feminina, Lucía e Emma, co segundo e terceiro posto respectivamente.

Despois desta competición necesitabamos repoñer enerxías: comemos xuntos no patio, bolos preñados, empañada, bica, e por suposto; castañas!

Coa barrigola chea, era o momento de xogar: este ano por clases xogamos ao limbo.

E para acabar coa celabración: saltar a fogueira!

PASÁMOLO TODOS/-AS XENIAL!

Para o ano máis...

Para ver máis fotos deste día, clicade aquí








miércoles, 21 de noviembre de 2018

Visita ao castro de Cameixa

O pasado venres 16 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, fomos de andaina ata o Castro de Cameixa, un dos máis importantes da provincia.
Alí vimos como avanzaban as obras de excavación, e os arqueólogos explicáronnos a importancia do castro, porque excavaran nesa zona, un pouquiño sobre a vida castrexa e ensináronnos todas as pezas atopadas ata este momento.

Foi unha experencia moi interesante!  
Esperamos repetir para o vindeiro ano, cando continúe a excavación!
Máis fotos deste día, clicando aquí!

martes, 20 de noviembre de 2018

REPASAMOS ACENTUACIÓN


Chegou o momento de practicar a acentuación de palabras!!


PRACTICAMOS...

viernes, 9 de noviembre de 2018

TRABALLO SOCIAIS

 O próximo luns 12 de novembro temos que entregar o noso primeiro traballo en equipo! Estivemos varios días buscando a información sobre as preguntas a responder, e agora hai que plasmar iso nunha cartolina (tipo lapbook)

Tendes aquí as preguntas de todos os equipos, uns exemplos de lapbooks para inspirarvos e o que se terá en conta para valorarar o traballo!

PREGUNTAS

TERASE EN CONTA

EXEMPLOS DE LAPBOOK

jueves, 1 de noviembre de 2018

IMOS AO TEATRO A OURENSE!!

Hoxe, 31 de outubro fomos ao teatro a Ourense para ver a obra "De los cuentos a las cuentas

A obra gustounos moito e pasámolo moi ben!

Clicando aquí algunhas fotos máis do día