miércoles, 20 de junio de 2018

VIAXE CON NÓS!!

Está chegando o final de curso! E unha das cousas que o caracterizan o fin de curso é o festival!

En 5º B fixemos un repaso polas cancións de Eurovisión, déixovos o vídeo final coas fotos de toda a clase, viaxando por Europa!

VIAXE CON NÓS! Vídeo

viernes, 15 de junio de 2018

DEPORTE ESCOLAR EN GULÁNS

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivemos unha xornada de  xogos populares en Guláns (Ponteareas) , enmarcadas dentro do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia.

Alí desfrutamos dunha xornada chea de xogos tradicionais: a chave, a petanca, a corda... todo isto acompañado de moita diversión e un gran ambiente de convivencia cos coles da contorna e nunha paraxe inmellorable, como é a área recreativa da Visoureira en Guláns.

Para o vindeiro ano, esperamos repetir!

MÁIS FOTOS DESTA XORNADA...AQUÍ!


jueves, 14 de junio de 2018

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

Hoxe, 14 de xuño de 2018, o alumnado de 5º de Primaria coas súas titoras, fomos de excursión!!

Primeiro visitamos o Museo vivente do mel "O Enredo do Abelleiro", alí puxémos os traxes de apicultores para ir visitar un colmenar, logo envasamos mel e ata fixemos unha vela!
Pasámolo moi ben e aprendemos moito sobre a vida das abellas: desde canto tempo viven, os traballos todos que fan as obreiras, ata a función dos zánganos, da raíña... Estivo xenial!

Tras isto comemos nunha área recreativa que estaba cerquiña de alí, chamada Ribadiso. 

E unha vez que xa tiñamos de novo moito enerxía, saímos rumbo Ribadavia: ás termas de Prexigueiro! Alí estivemos un ratiño relaxándonos nas pozas; e de volta para Mondariz!

Foi un día xenial!! Mirade o resumo del coas seguintes fotos:

FOTOS EXCURSIÓN FIN DE CURSO

lunes, 11 de junio de 2018

PIRAGÜISMO NO RÍO TEA!

Comezamos semana facendo deporte!

O club de piragüismo convidounos a probar e desfrutar do piragüismo. Tras unhas breves leccións de como se manexaban os remos, subimos no kaiak e a poñer en práctica as nosas habilidades.

Pasámolo moi ben! Para o vindeiro curso, se podemos, repetiremos!

Moitas grazas polo convite!

MÁIS FOTOS DESTA XORNADA...