Todo chega a súa fin, e hoxe 22 de decembro de 2022 remata o 1º trimestre, aquí vai un pequeno resumo do como foi o día.
E en breve, o 9 de xaneiro do 2023 estaremos de volta para vivir novas experiencias xuntos.
Felices vacacións!!
CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS (BOBORÁS) CURSO 2023/2024 AULA DE 6º DE PRIMARIA XUNTOS FORMAMOS UN GRAN EQUIPO!!!
Todo chega a súa fin, e hoxe 22 de decembro de 2022 remata o 1º trimestre, aquí vai un pequeno resumo do como foi o día.
E en breve, o 9 de xaneiro do 2023 estaremos de volta para vivir novas experiencias xuntos.
Felices vacacións!!
Por fin temos a cuarta entrega do noso "Dígocho eu", desta vez con vocabulario sobre a natureza e comidas.
Os creadores desta nova edición foron Ana, Ángel, Mariana e Martín; coa colaboración de Dani para gravar.
Esperemos que vos guste!!
Por fin temos a terceira entrega deste dígocho eu, desta vez foron Claudia, Daniela, Mateo e Sara os encargados de explicarnos como se di en galego algún vocabulario relacionado coa familia.
Aquí vos deixamos o resultado, e proximamente a cuarta entrega...
Publicamos a segunda entrega deste dillo en galego, desta vez foron Daniel, Ina, Joaquín e Saray os guionistas, directores, actores, cámaras...
Neste vídeo de hoxe vanvos falar sobre algunhas partes do corpo.
Esperamos que vos guste... E a falar moito en galego!!!
Aquí vos deixamos o primeiro vídeo con vocabulario de animais para falar un perfecto galego.
Este primeiro foi escrito, dirixido e gravado por Aisha, Aitana, Iván e Mauro.
Esperemos que vos guste...
Proximamente publicaremos os seguintes.
Como xa vén sendo tradición nos últimos cursos, o pasado 11 de novembro, coincidindo co festexo do Magosto, celebramos unha carreira. Nela competiamos por ciclos en categoria masculina ou feminina.
E no noso caso, 3º ciclo, tiñamos que dar tres voltas ao circuito que prepararou o profe Rubén coa colaboración do alumnado de 6º.
Aínda que este ano, non conseguimos medallas, esforzámonos e divertímonos moito.
En categoría masculina o primeiro en cruzar a liña de meta foi Martín e en categoría feminina Saray.
Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade do Carballiño e resultou moi interesante!!
Mirade algunhas fotos...
En naturais comezamos estudando os seres vivos e a célula.
Para comprobar como son as células fixemos unha práctica de laboratorio que consistía na observación dunha célula vexetal dunha cebola.
E como repaso final, en equipos, elaboramos uns traballos nos que plasmamos o máis importante do tema para expoñer diante dos compañeiros.
Este foi o resultado
No 3ºciclo somos moi curiosos, así que xa nos fomos a investigar a saúde do río Viñao ao seu paso por Brués. Gracias a Asociación de Pesca do Carballiño por organizar esta actividade tan interesante.
Para ver algunha foto deste día, fai click aquí.