viernes, 29 de abril de 2016

APOSTAMOS POLA LITERATURA!!

O alumnado de 5º estivemos facendo varias actividades literarias:

1- VÍDEO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Con motivo do da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, fixemos un vídeo do seu poema: Astros, Fuentes y Flores.

vídeo Fuentes, flores y astros
2- TERTULIA CO ESCRITOR FERNANDO LALANA
En clase estivemos lendo: El viaje de Doble-P, un libro que conta a historia de Doble-P, e, como este, se aburre tanto no seu asteroide; decide vir á Terra. No noso planeta vivirá moitas aventuras.
Foi un libro moi divertido, que nos gustou moito! E, que por sorte, tivemos a oportunidade de coñecer e falar co seu autor: Fernanado Lalana!
O xoves, 3 de marzo, compartimos un ratiño cos nosos compañeiros da ESO  e con Fernando Lalana, no que este autor, nos contou moitas curiosidades, tanto sobre este libro, coma doutros, da súa extensa obra. Foron uns momentos moi interesantes!

miércoles, 20 de abril de 2016

GALICIA

En ciencias sociais andamos ás voltas coa xeografía:  empezamos coñecendo máis sobre o noso concello de Mondariz, logo Galicia (revisamos mapa físico e político). 
Tras isto, xa estabamos listos e con moita información para elaborar unha presentación en Google Drive, sobre a nosa comunidade. Este foi o resultado!!
A NOSA TERRA


martes, 19 de abril de 2016

VARIOS ANIMAIS

En ciencias naturais estivemos investigando para coñecer máis sobre os animais. Este foi o resultado:


ANIMAIS

miércoles, 13 de abril de 2016

PARABÉNS A XOAN!!

 man





IV CERTAME DE RELATO CURTO "NON TE DURMAS" DA FANPA

Toda a clase participamos no concurso do relato curto "non te durmas". E estamos moi pero que moi content@s porque temos un compañeiro entre os finalistas: Xoan!!!
De todos xeitos, polo mero feito de ser finalista o relato será publicado nun libro xunto ao resto dos relatos finalistas. Un privilexio que poucos poden ter!
A final será o 31 de maio en Pontevedra, na Cidade da Cultura ás 19 horas e o noso finalista está invitado.
Estou moi orgullosa de todos os vosos relatos, cada un deles tiña algo especial, pero xa se sabe que nestas cousas non todos podemos gañar. 
Desexámoslle moita sorte a Xoan, esperando que o seu relato sexa o gañador!

Preme aquí para ver a relación de finalistas na categoría de Primaria:

http://certame.nontedurmas.org/2016/04/11/finalistas-da-iv-edicion/