miércoles, 21 de noviembre de 2018

Visita ao castro de Cameixa

O pasado venres 16 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, fomos de andaina ata o Castro de Cameixa, un dos máis importantes da provincia.
Alí vimos como avanzaban as obras de excavación, e os arqueólogos explicáronnos a importancia do castro, porque excavaran nesa zona, un pouquiño sobre a vida castrexa e ensináronnos todas as pezas atopadas ata este momento.

Foi unha experencia moi interesante!  
Esperamos repetir para o vindeiro ano, cando continúe a excavación!
Máis fotos deste día, clicando aquí!