martes, 22 de noviembre de 2022

DÍO EN GALEGO!!

 Aquí vos deixamos o primeiro vídeo con vocabulario de animais para falar un perfecto galego.

Este primeiro foi escrito, dirixido e gravado por Aisha, Aitana, Iván e Mauro.

Esperemos que vos guste... 

Proximamente publicaremos os seguintes.



domingo, 13 de noviembre de 2022

CARREIRA DO S. MARTIÑO

 Como xa vén sendo tradición nos últimos cursos, o pasado 11 de novembro, coincidindo co festexo do Magosto, celebramos unha carreira. Nela competiamos por ciclos en categoria masculina ou feminina.

E no noso caso, 3º ciclo, tiñamos que dar tres voltas ao circuito que prepararou o profe Rubén coa colaboración do alumnado de 6º.

Aínda que este ano, non conseguimos medallas, esforzámonos e divertímonos moito.

En categoría masculina o primeiro en cruzar a liña de meta foi Martín e en categoría feminina Saray.








miércoles, 9 de noviembre de 2022

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Onte, 9 de novembro, participamos nunha actividade moi interesante sobre alimentación saudable. Nela unha nutricionista explicounos cales eran os diferentes grupos de nutrientes, por que é importante comer o máis saudable posible... E rematamos dito obradoiro facendo unha merenda saudable: brocheta de froitas (uva, plátano e mandarina) e tamén probamos iogur natural con canela e chia.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade do Carballiño e resultou moi interesante!!

Mirade algunhas fotos...












SERES VIVOS

 En naturais comezamos estudando os seres vivos e a célula.

Para comprobar como son as células fixemos unha práctica de laboratorio que consistía na observación dunha célula vexetal dunha cebola.





E como repaso final, en equipos, elaboramos uns traballos nos que plasmamos o máis importante do tema para expoñer diante dos compañeiros.

Este foi o resultado