Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivemos unha xornada de xogos populares en Guláns (Ponteareas) , enmarcadas dentro do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia.
Alí desfrutamos dunha xornada chea de xogos tradicionais: a chave, a petanca, a corda... todo isto acompañado de moita diversión e un gran ambiente de convivencia cos coles da contorna e nunha paraxe inmellorable, como é a área recreativa da Visoureira en Guláns.
Para o vindeiro ano, esperamos repetir!
MÁIS FOTOS DESTA XORNADA...AQUÍ! |