viernes, 23 de marzo de 2018

ALMORZANDO CON SAÚDE!

O venres 23 almorzamos na clase!!

Durante os días anteriores estivemos estudando a importancia de ter uns hábitos de vida saudable, e un dos aspectos máis importantes é almorzar ben para ter moita enerxía durante a mañá para facer calquera actividade.
Vimos que un bo almorzo se compón dun lácteo (leite, queixo, iogur...) para aportarnos o calcio necesario; froita, que nos proporciona as vitaminas e hidratos de carbono, aportados por alimentos como torradas, galletas... Para obter a enerxía necesaria para estudar, facer deporte...
Primeiro fomos de compras, (calculando prezos) e despois, entre todos a preparar almorzo e... a cooomeer!!

Esta foi a nosa proposta dun almorzo saudable:


ALMORZO SAUDABLE


DEPORTE ESCOLAR

Nesta semana, os rapaces e rapazas de 5º estivemos moi deportistas: o luns 19, desfrutamos do bádminton cos compañeiros de 6º no pavillón de Mondariz! Alí déronnos uns consellos para xogar mellor a este deporte, que despois puxemos en práctica xogando unha liguilla de partidos.

E o xoves 22, fomos de visita ao cole de Covelo, para xogar ao balonmán e o hóckey. Desfrutamos dunha boa mañá todos xuntos practicando deporte, e cuns partidos gañados, outros empatados e outros perdidos... Pero todos xogados con moito entusiasmo e compañeirismo. Pasámolo moi ben alí; para o vindeiro curso, esperamos repetir!!

Para recordar estes días, algunha foto destas xornadas.
Xogando ao bádminton!

Visita ao cole de Covelo

miércoles, 7 de marzo de 2018

PASEANDO POR GALICIA!!

En 5º B estamos ampliando coñecementos sobre Galicia!

A continuación, podedes ver unha presentación de Drive feita polo alumnado de 5ºB sobre a nosa comunidade!
PRESENTACIÓN SOBRE GALICIA!!

martes, 6 de marzo de 2018

FOMOS DE EXCURSIÓN!!


Resultado de imaxes para exposicion da vinci
O pasado venres, 1 de marzo, fomos de excursión a Vigo para coñecer máis sobre  a obra e vida de Leonardo Da Vinci. Alí aprendemos moitas curiosidades e ampliamos os nosos coñecementos sobre este gran artista. 
Algunhas fotos deste día!