- Todos os exercicios que fagades, van ser correxidos á volta! Se algún de vós deixou algunha libreta na clase, que faga as tarefas nun folio, non hai problema.
- Todo o material que suba, daréivolo por escrito cando nos vexamos.
- O examen de lingua galega que tiñamos previsto para o venres 13 de marzo, farase á volta destes días.
- E tamén faremos outro de Sociais do tema de historia, como xa vos dixen, ide estudando!
- Vouvos deixar tamén enlaces para repasar e xogar, libros en pdf, vídeos... e así pasamos mellor o tempo.
- É importante que todos os días vos poñades un horario, e que o manteñades; tedes tempo para poder facer as tarefas, xogar, cantar, ler...
MOITO ÁNIMO A TOD@S E UNHA APERTA FORTE!