miércoles, 9 de octubre de 2019

SAÍDA RÍO VIÑAO (Brués)

O pasado xoves, 3 de outubro, tivemos a sorte de participar nunha actividade promovida pola Sociedade de Pesca Deportiva "Río Viñao" na que coñecemos un pouco máis da fauna e flora existente nos ríos do noso entorno. 
Gracias a axuda de Paco, un biólogo da Universidade de Santiago, que nos explicou un montón de cousas sobre as diferentes especies de invertebrados que existen no río Viñao, tamén nos falou sobre a importancia de coidar o noso entorno, así como datos curiosos, como pode ser a temperatura da auga... aprendemos dun xeito práctico e lúdico moitos datos sobre o noso río!  
Resultou unha mañá moi interesante!!

Algunhas fotos deste día...