viernes, 29 de abril de 2016

APOSTAMOS POLA LITERATURA!!

O alumnado de 5º estivemos facendo varias actividades literarias:

1- VÍDEO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Con motivo do da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, fixemos un vídeo do seu poema: Astros, Fuentes y Flores.

vídeo Fuentes, flores y astros
2- TERTULIA CO ESCRITOR FERNANDO LALANA
En clase estivemos lendo: El viaje de Doble-P, un libro que conta a historia de Doble-P, e, como este, se aburre tanto no seu asteroide; decide vir á Terra. No noso planeta vivirá moitas aventuras.
Foi un libro moi divertido, que nos gustou moito! E, que por sorte, tivemos a oportunidade de coñecer e falar co seu autor: Fernanado Lalana!
O xoves, 3 de marzo, compartimos un ratiño cos nosos compañeiros da ESO  e con Fernando Lalana, no que este autor, nos contou moitas curiosidades, tanto sobre este libro, coma doutros, da súa extensa obra. Foron uns momentos moi interesantes!

miércoles, 20 de abril de 2016

GALICIA

En ciencias sociais andamos ás voltas coa xeografía:  empezamos coñecendo máis sobre o noso concello de Mondariz, logo Galicia (revisamos mapa físico e político). 
Tras isto, xa estabamos listos e con moita información para elaborar unha presentación en Google Drive, sobre a nosa comunidade. Este foi o resultado!!
A NOSA TERRA