sábado, 24 de octubre de 2020

QUE PODO FACER SE NON PODO VIR AO COLE?

Traballo de clase
 Ola rapaces e rapazas:

Espero que esteades todos ben! Sei que hai algúns de vós que durante uns días non ides poder vir a clase, por iso vos vou ir deixando cada día, no blog, todas as tarefas que vaiamos facendo en clase para que tamén as poidades ir facendo!!

Calquera dúbida ou se nos queredes contar algo, falamos por correo ou por class dojo.

* Pinchade aquí para acceder as tarefas

Moitos saúdos a tod@s e ata moi prontiño

viernes, 23 de octubre de 2020

DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Nesta última semana convertémonos en escritores e actores para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, que se celebra o 24 de outubro.

Primeiro fixemos unha "ensalada de contos", é dicir collemos personaxes e historias de diferentes contos, mesturámolos e creamos as nosas propias historias. Este foi o resultado:

- ENSALADA DE CONTOS

E por último contamos e representamos un conto que se titula "Soños de Andel", dunha escritora que se chama Susana Lamela. E este foi o resultado:

- SOÑOS DE ANDEL