Imos comezar coa lectura dun dos clásicos da literatura universal: Don Quijote de la Mancha; pero neste libro só hai 3 capítulos. No orixinal, hai máis capítulos e aventuras.
Alonso Quijano é o protagonista.
Gústalle moito ler libros de aventuras fantásticas de cabaleiros, princesas, magos e castelos encantados. Gústanlle tanto estas historias, que el pensa que a súa vida é unha delas. Algunhas persoas pensan que está tolo.
Nos tres capítulos deste libro, ocorre o seguinte:
Capítulo 1, Alonso cambia o seu nome por Don Quijote.
Capítulo 2, sae co seu cabalo de casa.
Capítulo 3, faise cabaleiro e vai a buscar aventuras.
COMEZAMOS...