lunes, 9 de diciembre de 2019

VISITA AO CASTRO DE CAMEIXA

O pasado xoves 5 de decembro, o alumnado de 5º e 6º fomos a coñecer a excavación feita no castro de Cameixa. Alí grazas ao arqueólogo Jorge Lamas, aprendemos como era a vida dos castrexos, como eran o tipo de casas, e falounos das pezas que atoparon nestas excavacións.

Despois da explicación foi o momento de pasar á acción: convertémonos en arqueólogos, alí estivemos buscando restos do pasado, e abofé que atopamos; principalmente restos de cerámica.

Foi unha saída do máis interesante!!