martes, 2 de abril de 2019

EXPERIMENTANDO

Durante este último mes en clase de ciencias estivemos poñendo en práctica os nosos coñecementos cuns pequenos experimentos:

Por equipos fixemos un experimento para comprobar que tal funcionan os nosos sentidos
* O primeiro consistiu en comprabar se vemos igual cos dous ollos ca con un. Para iso, lanzamos a portería varias canastras e anotamos resultados,despois tapamos un ollo e logo o outro e volvemos comprobar resultados... QUE PENSADES QUE SUCEDEU NESTE BALONCESTO PIRATA?

* O segundo consistiu en identificar olores: en frasquiños había varios aromas e sen mirar había que identificar que había no bote. Descubrimos que a nosa pituitaría funciona perfectamente!

* O terceiro foi construir un teléfono caseiro con envases de iogur e la para axudarlle ao noso oído. Funciona!!

* Para o sentido do gusto, comprobamos como son e cantas papilas gustativas temos, para ver se en clase hai algún super catador! Para facer isto contamos coa axuda dos Dipper, e lo só foi observar!

* Para comprobar a importancia que teñen as palabras, fixemos outro experimento con tarros de arroz cocido, a un dicíamoslle algo positivo, a outro negativo e a outro ignorámolo. Mirade que resultados obtivemos!!!

E finalmente, chegamos a unha parte máis TECNOLÓXICA, na que construimos uns mini robots escritores, cunha pila, cables, uns motorciños e envases de iogur. 

Mirade no seguinte vídeo os nosos experimentos para comprobar todo isto!!

EXPERIMENTAMOS!!