lunes, 16 de septiembre de 2019

RECORDANDO...

Os primeiros días de clase foron momentos de reencontros, coñecer a nova aula, máis sobre nós mesmos  e tamén recordar momentos do verán para comentarllo aos nosos compañeiros/-as...
Para iso, cubrimos unha táboa cos nosos gustos (tanto en galego como en inglés) e fixemos unhas entrevistas para ver que fixeron os nosos compañeir@s no verán... Este foi o resultado!







miércoles, 11 de septiembre de 2019

listaxe material


* Chegou o día de volta ás aulas e aquí vos deixamos a lista de material para este curso!!

LISTADO DE MATERIAL CURSO 2019- 2020
  •        1 estoxo con: unha tesoira de punta redondeada, un afialapis, un subliñador , 2 lapis, 2 gomas de borrar, 2 bolígrafos azuis, 2 bolígrafos negros, 2 bolígrafos vermellos e 2 barras de pegamento  tipo Pritt (mediano).

* No caso de mercar tippex (NON É OBRIGATORIO), recoméndase que sexa tippex de cinta.
  •        1 estoxo con 4 compartimentos para:  1 caixa de rotuladores (mínimo 12, poden ser máís), 1 caixa de lapis de cores de madeira (mínimo 12, poden ser máis), 1 caixa de ceras duras tipo Plastidecor (mínimo 12 ceras, poden ser máis), 1 caixa de ceras brandas tipo Dacs (mínimo 12 ceras, poden ser máís)
  •     xogo de transportador, escuadra, cartabón e compás.
  •      5 carpetas de plástico tamaño folio con gomas. (Preferiblemente de distintas cores)
  •        1 carpeta de plástico, tamaño A-5 (medio folio) de gomas.
  •        3 libretas Din A-4 de cuadrícula.
  •        2 libretas Din A-4 de pauta raiada.
  •        Dicionarios de galego e castelán
  •        Un paquete de folios tamaño Din A-4 de 500
  •        3 cartolinas 50x65cm de distintas cores (excepto cores fosforescentes)
  •        2 cartolinas A3 de distintas cores (excepto cores fosforescentes)
  •        2 cartolinas A3 de cor branca.
  •        1 paquete de pinceis variados de distintos tamaños.
  •        1 caixa de témperas coas 5 cores básicas: ciano, maxenta, amarelo, branco e negro.
  •        1 pen-drive mínimo de 4 GB


Inglés: 1 carpeta tamaño folio e unha libreta Din A-4 (cuadriculada). * A do ano pasado
Relixión: 1 carpeta tamaño folio.
Música: 1 frauta de plástico Hohner, unha libreta pequena de pentagramas grandes (4 ou 5 por páxina) e unha carpeta .
Educación física: mochila con aseo e roupa deportiva (como o ano pasado).

Serve todo o material do ano pasado que estea en bo uso.
Todo o material debe estar etiquetado co nome do alumno/a.








martes, 10 de septiembre de 2019

COMEZAMOS??

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO!!

COMEZAMOS...


lunes, 9 de septiembre de 2019

SE QUEREMOS, PODEMOS!!


Efectos da constancia...