miércoles, 21 de diciembre de 2016

Presentación maquetas electricidade

En Ciencias Naturais estivemos estudando a electricidade, e para poñer en práctica os nosos coñecementos, en equipos de tres creamos diferentes maquetas nas que tiñamos que empragar un circuito e ao que tamén lle incorporamos un motor.

Mírade aquí o vídeo de todas as maquetas rematadas, onde explicamos como fixemos cada unha delas!

BO TRABALLO CHIC@S!!

martes, 20 de diciembre de 2016

TITORIAL... Como se monta un circuito??

En 6º A estivemos estudando a electricidade, aprendemos moitas cousas que queremos compartir con vós, para que cando necesitades montar un circuito, saibades como.

Neste caso serán Lucia, David e Santi, o equipo Cable, os que nolo expliquen! 


miércoles, 14 de diciembre de 2016

EXPERIMENTANDO...

En Ciencias Naturais, estamos experimentando coa materia, luz, son, cor, masa... Fixemos varios experimentos e aquí están os resultados e conclusións das nosas investigacións...

- Experimentos!
- Fotos e vídeos!!


jueves, 27 de octubre de 2016

lunes, 3 de octubre de 2016

Elección de delegado

En 6º A estámonos poñendo ao día no funcionamento da aula: un dos primeiros proxectos que tiñamos que facer era elexir @ delegado/-a que nos ia representar durante este curso. Presentamos candidaturas, fixemos campaña... e o final o resultado foi: Nayara Fernández, elexida delegada e como subdelegado: David Carrera! Mirade o seguinte vídeo onde tendes recollida parte da campaña!
ELECCIÓN DELEGAD@ 6ºA


martes, 13 de septiembre de 2016

XA ESTAMOS AQUÍ DE VOLTA!!

COMEZA O CURSO 2016/2017!!
E EN 6º ESTAMOS PREPARADOS...

viernes, 1 de julio de 2016

MONDANEDA TV

Aquí esta a reportaxe sobre a excursión... Adiante Mondaneda TV!
FAI CLIC PARA VER O VÍDEO



martes, 14 de junio de 2016

FOTOS EXCURSIÓN MANZANEDA

Para ver as fotos de Manzaneda, pinchade aquí!!

Proximamente subiremos unha montaxe con fotos e vídeos da nosa estadía polas Terras de Manzaneda!

viernes, 29 de abril de 2016

APOSTAMOS POLA LITERATURA!!

O alumnado de 5º estivemos facendo varias actividades literarias:

1- VÍDEO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Con motivo do da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, fixemos un vídeo do seu poema: Astros, Fuentes y Flores.

vídeo Fuentes, flores y astros
2- TERTULIA CO ESCRITOR FERNANDO LALANA
En clase estivemos lendo: El viaje de Doble-P, un libro que conta a historia de Doble-P, e, como este, se aburre tanto no seu asteroide; decide vir á Terra. No noso planeta vivirá moitas aventuras.
Foi un libro moi divertido, que nos gustou moito! E, que por sorte, tivemos a oportunidade de coñecer e falar co seu autor: Fernanado Lalana!
O xoves, 3 de marzo, compartimos un ratiño cos nosos compañeiros da ESO  e con Fernando Lalana, no que este autor, nos contou moitas curiosidades, tanto sobre este libro, coma doutros, da súa extensa obra. Foron uns momentos moi interesantes!

miércoles, 20 de abril de 2016

GALICIA

En ciencias sociais andamos ás voltas coa xeografía:  empezamos coñecendo máis sobre o noso concello de Mondariz, logo Galicia (revisamos mapa físico e político). 
Tras isto, xa estabamos listos e con moita información para elaborar unha presentación en Google Drive, sobre a nosa comunidade. Este foi o resultado!!
A NOSA TERRA


martes, 19 de abril de 2016

VARIOS ANIMAIS

En ciencias naturais estivemos investigando para coñecer máis sobre os animais. Este foi o resultado:


ANIMAIS

miércoles, 13 de abril de 2016

PARABÉNS A XOAN!!

 man





IV CERTAME DE RELATO CURTO "NON TE DURMAS" DA FANPA

Toda a clase participamos no concurso do relato curto "non te durmas". E estamos moi pero que moi content@s porque temos un compañeiro entre os finalistas: Xoan!!!
De todos xeitos, polo mero feito de ser finalista o relato será publicado nun libro xunto ao resto dos relatos finalistas. Un privilexio que poucos poden ter!
A final será o 31 de maio en Pontevedra, na Cidade da Cultura ás 19 horas e o noso finalista está invitado.
Estou moi orgullosa de todos os vosos relatos, cada un deles tiña algo especial, pero xa se sabe que nestas cousas non todos podemos gañar. 
Desexámoslle moita sorte a Xoan, esperando que o seu relato sexa o gañador!

Preme aquí para ver a relación de finalistas na categoría de Primaria:

http://certame.nontedurmas.org/2016/04/11/finalistas-da-iv-edicion/ 

jueves, 3 de marzo de 2016

ASTROS, FUENTES Y FLORES


Polo día de Rosalía de Castro, o alumnado de 5º, fixemos un vídeo homenaxe para conmemorar a devandita data. Esperamos que vos guste!!!

VÍDEO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

miércoles, 27 de enero de 2016

PATINAXE SOBRE XEO

Para recordar o ben que o pasamos o día que fomos a Vigo, ver a obra de teatro e patinar sobre xeo... Este vídeo:

martes, 19 de enero de 2016

COIDÁMONOS!!

Manter uns bos hábitos alimentarios é fundamental para ter unha boa saúde. En 5º sabémolo ben...


COIDÉMOLA

martes, 12 de enero de 2016

DEPORTE ESCOLAR

Estamos en forma!!
Non hai máis que ver como corremos en Guláns. Competimos contra compañeiros dos coles do redor, e aínda que en 5º non obtivemos ningunha medalla...os compis de sexto, si!!
Pero de todos os xeitos, nós xa sabemos: QUE O IMPORTANTE É PARTICIPAR!!




lunes, 11 de enero de 2016

KARAOKE

karaoke1.jpg


Festa karaoke


O sábado 23 de xaneiro, a partir das 17:00 horas
maxresdefault.jpgNo C.P.I de Mondariz:

Poderás cantar as túas cancións favoritas!
Haberá premios!
E unha merenda ao remate!!


Entrada: 2€ por persoa, con dereito a merenda e participar no karaoke!


INSCRÍBETE para participar no karaoke cubrindo o impreso

ORGANIZAN: alumnado de 5º de Primaria para recaudar diñeiro para a excursión de fin de curso!