viernes, 29 de abril de 2016

APOSTAMOS POLA LITERATURA!!

O alumnado de 5º estivemos facendo varias actividades literarias:

1- VÍDEO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Con motivo do da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, fixemos un vídeo do seu poema: Astros, Fuentes y Flores.

vídeo Fuentes, flores y astros
2- TERTULIA CO ESCRITOR FERNANDO LALANA
En clase estivemos lendo: El viaje de Doble-P, un libro que conta a historia de Doble-P, e, como este, se aburre tanto no seu asteroide; decide vir á Terra. No noso planeta vivirá moitas aventuras.
Foi un libro moi divertido, que nos gustou moito! E, que por sorte, tivemos a oportunidade de coñecer e falar co seu autor: Fernanado Lalana!
O xoves, 3 de marzo, compartimos un ratiño cos nosos compañeiros da ESO  e con Fernando Lalana, no que este autor, nos contou moitas curiosidades, tanto sobre este libro, coma doutros, da súa extensa obra. Foron uns momentos moi interesantes!