domingo, 15 de marzo de 2020

AVISOS

Ola a todas e todos! Como xa sabedes imos estar, en principio, 14 días sen vernos, así que cada día vou ir subindo algunhas cousiñas para traballar e repasar na casa:


  • Todos os exercicios que fagades, van ser correxidos á volta! Se algún de vós deixou algunha libreta na clase, que faga as tarefas nun folio, non hai problema.
  • Todo o material que suba, daréivolo por escrito cando nos vexamos.
  • O examen de lingua galega que tiñamos previsto para o venres 13 de marzo, farase á volta destes días.
  • E tamén faremos outro de Sociais do tema de historia, como xa vos dixen, ide estudando!
  • Vouvos deixar tamén enlaces para repasar e xogar, libros en pdf, vídeos... e así pasamos mellor o tempo.
  • É importante que todos os días vos poñades un horario, e que o manteñades; tedes tempo para poder facer as tarefas, xogar, cantar, ler... 

MOITO ÁNIMO A TOD@S E UNHA APERTA FORTE!