miércoles, 28 de noviembre de 2018

O MAGOSTO NO NOSO COLE!

O pasado martes 13 de novembro, no cole estivemos de festa: CELEBRAMOS O MAGOSTO!!

O día comezou coa xa tradicional carreira do San Martiño, na que participou todo o cole! Na nosa categoría resultou gañador masculino: Ismael, e no segundo posto Carlos e na feminina, Lucía e Emma, co segundo e terceiro posto respectivamente.

Despois desta competición necesitabamos repoñer enerxías: comemos xuntos no patio, bolos preñados, empañada, bica, e por suposto; castañas!

Coa barrigola chea, era o momento de xogar: este ano por clases xogamos ao limbo.

E para acabar coa celabración: saltar a fogueira!

PASÁMOLO TODOS/-AS XENIAL!

Para o ano máis...

Para ver máis fotos deste día, clicade aquí