HOXE IMOS...

HOXE DEBES...

viernes, 23 de marzo de 2018

DEPORTE ESCOLAR

Nesta semana, os rapaces e rapazas de 5º estivemos moi deportistas: o luns 19, desfrutamos do bádminton cos compañeiros de 6º no pavillón de Mondariz! Alí déronnos uns consellos para xogar mellor a este deporte, que despois puxemos en práctica xogando unha liguilla de partidos.

E o xoves 22, fomos de visita ao cole de Covelo, para xogar ao balonmán e o hóckey. Desfrutamos dunha boa mañá todos xuntos practicando deporte, e cuns partidos gañados, outros empatados e outros perdidos... Pero todos xogados con moito entusiasmo e compañeirismo. Pasámolo moi ben alí; para o vindeiro curso, esperamos repetir!!

Para recordar estes días, algunha foto destas xornadas.
Xogando ao bádminton!

Visita ao cole de Covelo